Inicio

Matrícula 2023/2024

 
 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

 

Centro certificado Fides-Audit

Benvidos á Facultade de Dereito

Benvidos á Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, un centro de educación superior onde preto de cincuenta profesionais e cincocentos estudantes dedícanse día a día á docencia, á investigación e ao estudo no ámbito xurídico.

Esta é a nosa e a vosa Facultade, en Ourense.

 

 

Grao en Dereito

O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito.

O Grao en Dereito proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre a base dos mesmos, as persoas graduadas poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos, no exercicio libre, en empresas ou en administracións públicas coas funcións de asesoramento legal, representación e defensa legal, dación de fe pública, xestión pública, cualificación rexistral, defensa da lexislación e dos dereitos da cidadanía, xulgar e executar o xulgado, dirección e coordinación tanto en ámbito privado como público, mediación, conciliación e arbitraxe.

Máis información

Dobre Grao ADE-Dereito

Que é?

É un programa conxunto elaborado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e a Facultade de Dereito, que che permitirá cursar ao mesmo tempo e de forma simultánea o Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito.

A quen vai dirixido?

A estudantes que desexen cursar dous graos en cinco anos para obter unha enorme vantaxe competitiva no mercado de traballo.

Máis información

Máster Universitario en Avogacía

Este título de máster resposta á normativa aprobada no noso país, á vista do dereito comparado, acadando un indiscutible e especial interese profesional, académico e científico para a Universidade de Vigo e para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Este máster permitirá o acceso a estudos de doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento.

Máis información

Feira de Emprego Xurídico

Prácticas e emprego

A experiencia práctica que se recibe no mercado laboral a través das prácticas académicas externas e a empregabilidade das persoas tituladas é fundamental para complementar a formación universitaria e conseguir aqueles obxectivos.

Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo pon tamén a disposición do estudantado e persoas tituladas distintos servizos dirixidos tanto a fomentar a súa empregabilidade como a mellorar a súa inserción no mercado laboral.

Prácticas

Emprego e emprendemento

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Dereito obtivo o Distintivo de Igualdade o 27 de febreiro de 2023.

Centro certificado FIDES-AUDIT

No marco do Programa FIDES-AUDIT (“Programa FIDES. Establecemento do Sistema de Garantía de Calidade de Títulos Universitarios” e “Programa AUDIT. Guía para o deseño de Sistemas de Garantía Interna de Calidade da formación universitaria”), a Facultade de Dereito, en colaboración coa Área de apoio á Docencia e Calidade da Universidade de Vigo deseñou e aprobou o seu SGC. A Facultade de Dereito acadou a Certificación FIDES-AUDIT por parte da ACSUG con data de 26 de abril de 2010.

Posteriormente, con data 23 de xullo de 2015, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro. Con data 11/10/2022 o centro obtivo a renovación da certificado de implantación (re-certificación) do Sistema de Garantía de Calidade.