Facultade de Fisioterapia

Alumnado de Dereito completa a súa formación na Subdelegación do Goberno en Ourense

Catro estudantes realizarán prácticas durante dous meses nesta institución

Catro estudantes de último curso da Facultade de Dereito do campus de Ourense realizarán durante dous meses prácticas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense.

O obxectivo desta iniciativa é completar a formación deste alumnado de cara á súa futura incorporación ao mundo laboral.

A iniciativa ealízase no marco dun convenio asinado en 2015 entre a Universidade de Vigo e a Secretaría de Estado de Administracións Públicas.

prácticas na Subdelegación do Goberno

Estas prácticas, informan desde a Subdelgación do Goberno en Ourense, teñen como finalidade favorecer a adquisición de competencias por parte dos estudantes para o exercicio das actividades profesionais relacionadas cos seus estudos, obter unha experiencia práctica que facilite a súa inserción no mercado de traballo e mellore a súa condición de emprego futura e favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento. Entre as tarefas que van desenvolver os estudantes beneficiarios e que se contemplan no proxecto formativo están o seguimento de procedementos administrativos en materias de competencia, realización de informes e outros cometidos de natureza homóloga vinculadas á súa formación académica.


Ler a noticia completa no DUVI