Facultade de Fisioterapia

A auga, fonte de ingresos tributarios para as diferentes administracións

A Facultade de Dereito acolleu este xoves o segundo curso profesionalizante da revista 'Redas'

 

A auga é fonte de vida pero tamén fonte de ingresos económicos para as diferentes administracións públicas. Co obxectivo de afondar concretamente no réxime tributario arredor deste recurso natural, a Facultade de Dereito acolleu este xoves o curso Dereito Tributario, Auga e Sustentabilidade, organizado pola Revista de Agua, Derecho y Sostenibilidad-Redas, a primeira publicación xurídica española especializada en auga e medio ambiente e nada no marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. Ao longo da sesión, técnicos e expertos de diferentes entidades debateron o marco tributario actual no referido á xestión da auga nas súas diferentes fases, desde a súa recollida ao seu uso. .

a auga, fonte de ingresos
Ler máis: A auga, fonte de ingresos tributarios para as diferentes administracións

Os novos sistemas retributivos protagonizaron unha xornada no campus

Expertos de diferentes eidos abordaron problemáticas arredor do salario

 

Bonus salarial, retribución variable, dirección por obxectivos, empresas multiservizos, empresas subcontratadas, empresas de traballo temporal, convenio colectivos... Son moitas as cuestións arredor do salario e da fórmula de contratación que afectan na actualidade aos traballadores e traballadoras pero tamén ao conxunto da sociedade. Para abordar as principais cuestións dos novos sistemas retributivos, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este venres unha xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense que contou coa participación de profesionais especialistas na materia e representantes de organizacións sindicais e empresariais.

novos sistemas retributivos
Ler máis: Os novos sistemas retributivos protagonizaron unha xornada no campus

A II Feira de Emprego Xurídico Galicia-Norte de Portugal celebrarase o 27 de outubro

O 25 de setembro arrancará o seu programa de actividades preparatorias

O pasado curso, a Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha de xeito pioneiro Orienta Iuris, a primeira feira de emprego especializada no ámbito xurídico en Galicia e Norte de Portugal. Polo bos resultados acadados nesa primeira edición e co obxectivo de consolidarse como punto de encontro de estudantes, titulados e profesionais do mundo do dereito, o centro vén de anunciar a celebración da súa segunda edición o día 27 de outubro. Como anticipo a esa cita e preparación para ela, desenvolverase un programa de accións formativas para os inscritos que arrancará o vindeiro 25 de setembro.

Ler máis: A II Feira de Emprego Xurídico Galicia-Norte de Portugal celebrarase o 27 de outubro

Luis Rodríguez Ennes será investido doutor honoris causa pola Universidade de Flores

É o segundo recoñecemento deste tipo que recibe en Arxentina


O catedrático emérito da Universidade de Vigo Luis Rodríguez Ennes vén de sumar un novo recoñecemento á súa dilatada traxectoria. A Universidade de Flores, en Arxentina, comunicoulle a concesión do seu doutoramento honoris causa. Esta é a segunda distinción deste tipo que recibe, despois de que o pasado mes de abril fose investido doutor honoris causa pola Universidade Nacional do Comahue, do mesmo país. A concesión foi decidida por unanimidade polo Consello Superior da Universidade de Flores, estando previsto que a cerimonia de entrega sexa o día 27 de outubro, antes do inicio do IV Congreso de Principios Xerais e Dereito Romano que se celebrará nesa institución académica.

Ler máis: Luis Rodríguez Ennes será investido doutor honoris causa pola Universidade de Flores

Unha ollada á corrupción desde a xurisdición penal e administrativa

O Grupo de Investigación Medea Iuris organizou unha xornada sobre este tema

 

O pasado mes de marzo asinouse un convenio entre a Universidade de Vigo e a Fundación Alfonso Martín Escudero para a creación do Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública, xestionado desde a Facultade de Dereito polo Grupo de Investigación Medea Iuris deste centro. Este xoves, a entidade celebrou a súa primeira actividade, unha Xornada sobre as xurisdicións penal e contencioso-administrativa na loita contra a corrupción pública. Nela, deronse cita expertos do eido académico e profesional para abordar unha das problemáticas que maior preocupación xera na sociedade en xeral e no eido xurídico en particular, como é a corrupción pública.

xornada corrupción
Ler máis: Unha ollada á corrupción desde a xurisdición penal e administrativa