Facultade de Fisioterapia

Certificación da Implantación do SGIC

Avaliación da certificación da implantación do SGC

Como continuación ao proceso iniciado no ano 2007 de deseño dos SGC no marco dos programas FIDES-AUDIT, as ACSUG, ANECA y UNIBASQ consideraron abrir no ano 2013 un proceso de avaliación do deseño dos SGC e de certificación da súa implantación nos centros que se acolleran a aquel programa. O sometemento a este proceso de certificación ten un carácter voluntario para os centros. A Facultade de Dereito cursou, con data de 15 de decembro de 2013, a solicitude para someterse á dita avaliación e ao proceso de certificación de implantación do seu SGIC. Nun primeiro Informe de Auditoría externa inicial para a certificación da implantación do SGIC, tras examinar minuciosamente as alegacións presentadas polo centro ao Informe provisional, o equipo auditor concedeu un prazo de seis meses para avaliar a forma coa que se iniciara o tratamento das non conformidades detectadas tal e como este se describira no plan de accións de melloras proposto polo centro. Finalizado o prazo, procedeu a unha nova revisión documental para emitir o Informe definitivo de auditoría da implantación do SGC do centro. Coa realización desta segunda revisión documental, que se completou cunha visita ao centro de medio día o 2 de xuño de 2015, a Facultade obtivo o distintivo de calidade: a certificación da implantación do seu SGC. O proceso rematou cun relevante Informe de Auditoría externa inicial para a certificación da implantación do SGIC no que a ACSUG, reiterando a valoración favorable xa anticipada polo equipo auditor no informe oral o propio día 2 de xuño e de forma pouco usual, destacou dez fortalezas, vinte e oito conformidades e só catro non conformidades menores e catro oportunidades para a mellora -tres delas substancialmente reiterativas das non conformidades-. A certificación e o informe converten á Facultade de Dereito nestes momentos nun dos centros máis destacados na xestión da calidade no Sistema Universitario de Galicia.

Finalidade


  • Evidenciar que o centro dispón e utiliza mecanismos que facilitan tanto a mellora da calidade das súas titulacións coma os procesos de avaliación externa que realiza a ACSUG (ciclo de mellora continua).
  • Obter un distintivo de calidade que demostre ante terceiros que a Facultade de Dereito se implica a fondo na xestión da calidade e que está en disposición de facer públicos os seus resultados ante os diferentes grupos de interese en xeral, e ante o colectivo de estudantes en particular, de acordo cos obxectivos e principios expresados nos Criterios e Directrices de garantía de calidade no EEES.
  • Facilitar a verificación, a modificación e a renovación da acreditación dos títulos oficiais que se imparten na Facultade de Dereito. Estes títulos quedarán exentos de presentar documentación relativa ao SGC, durante a vixencia do certificado, cando soliciten participar nos programas de verificación e modificación. No proceso de seguimento e renovación da acreditación revisarase o Plan de accións de melloras derivado da implantación do SGC no centro.
  • Acadar, unha vez renovada a acreditación das titulacións de Grao en Dereito e Mestrado universitario en Avogacía –ambas impartidas en varios centros da Universidade de Vigo-, a acreditación institucional da Facultade.

Obxectivos


  • Determinar que o SGC implantado no centro cumpre as directrices do Programa FIDES-AUDIT –o centro dispón de política e obxectivos de calidade e ten implantados procedementos: deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos; garantía da aprendizaxe, ensino e avaliación centrados no estudante; garantía e mellora da calidade dos recursos humanos; garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos; información pública...- así como as directrices establecidas pola propia institución universitaria no seu SGC.
  • Facilitar ao centro orientacións sobre o SGC implantado co fin de mellorar a súa eficacia.
  • E verificar que o SGC do centro é un proceso sistemático e estructurado que contempla os catro elementos do ciclo de mellora continua: planificar, desenvolver, analizar e actuar.

Axentes implicados da Facultade de Dereito


  • Equipo decanal
  • Comisión de Calidade
  • Coordinadores dos títulos adscritos ao centro (Grao en Dereito e Mestrado Universitario en Avogacía)

Desenvolvemento do proceso


Guía para a certificación


Guía para a certificación da implantación dos SGC do Programa FIDES-AUDIT, dependente da ACSUG xullo 2015.