Facultade de Fisioterapia

Mapa de actividades de calidade

O desenvolvemento do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) esixe a definición dos procesos de funcionamento e a elaboración dos documentos que os reflicten (manual de calidade, procedementos e rexistros) consonte as directrices do programa FIDES-AUDIT. Para garantir a súa implantación eficaz e incorporar novos documentos foi necesario levar a cabo múltiples accións e actividades, fixar prazos e responsabilidades, implicar ao equipo de goberno do centro, á comunidade universitaria e a todos os grupos de interese e dotar de maior protagonismo e integración no organigrama da Facultade á Comisión de calidade do centro. Entre outras accións, acometéronse cambios da estrutura organizativa ou funcional, cambios documentais (normativas internas, formularios...), cambios nas plataformas e aplicacións informáticas, dotacións ou redistribucións de recursos, aspectos formativos ou informativos...

O mapa de actividades de calidade relativas á implantación do SGIC 2008-2015 pretende concretar as actividades desenvolvidas polos órganos de goberno do centro e pola Comisión de calidade dende os estadios previos á implantación do SGIC ata o 30 de marzo de 2015 (constitución e composición da comisión, implantación do sistema, manual de calidade, política e obxectivos de calidade, procedementos do sistema, valoración da actividade docente e contrato-programa financiación por resultados).

O mapa de actividades de calidade relativas ao Plan de melloras ao Informe da Auditoría externa inicial para a implantación do SGIC trata de recoller as accións desenvolvidas fundamentalmente pola Comisión de calidade dende a visita de equipo auditor o 6 de maio de 2014 ata o remate o 7 de abril de 2015 do prazo adicional de seis meses concedido polo equipo auditor no Informe de Auditoría externa inicial para a certificación dá implantación do SGIC para proceder a unha revisión documental a fin valorar a forma coa que se iniciou o tratamento das non conformidades detectadas tal e como se concretou no Plan de melloras remitido pola Universidade o 29 de setembro de 2014. Recóllense así mesmo as actuacións desenvolvidas en relación coas oportunidades de mellora sinaladas polo equipo auditor. Unhas e outras actuacións foron valoradas moi positivamente tanto no informe oral emitido polo equipo auditor o 2 de xuño como no Informe de Auditoría externa inicial para a certificación da implantación do SGIC do 23 de xullo de 2015, ata o punto de converter varias das oportunidades para a mellora destacadas no primeiro informe en fortalezas do sistema de garantía da calidade da Facultade e enumerar, fronte ao que adoita resultar máis frecuente, un total de dez fortalezas.

O mapa de actividades de calidade continúa actualizándose no curso académico 2015-2016.