Facultade de Fisioterapia

Plan Estratéxico da Facultade de Dereito 2015-2018

O Plan Estratéxico da Facultade de Dereito 2015-2018 constitúe un programa dinámico de traballo dirixido a orientar de forma organizada e planificada metodolóxica e temporalmente as actuacións dos órganos de goberno e xestión do centro, de acordo coas súas capacidades, as expectativas dos principais grupos de interese e as necesidades do entorno e da sociedade en xeral. Os dous últimos obxectivos introducíronse na actualización do plan aprobada o 16 de xaneiro de 2017.

Para definir a realidade presente da Facultade de Dereito e as súas tendencias potenciais de evolución e formular a estratexia a seguir, e tras unha avaliación interna e externa do centro -unha análise exhaustiva das súas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades- fixamos uns obxectivos teleolóxicos que nos permitirán alcanzar unha mellora continua da calidade do centro: un obxectivo xeral, que debe constituír o eixe da estratexia do centro, e sete obxectivos específicos, tamén importantes, que contribuirán á consecución do primeiro obxectivo.

XERAL:

  • Consolidar a Facultade de Dereito de Ourense dentro do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

ESPECÍFICOS:

  • Acadar e manter a certificación da implantación do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) e a acreditación dos títulos oficiais adscritos á Facultade e do propio centro.
  • Manter ou incrementar o número de prazas e de estudantes no Grao en Dereito e no Mestrado universitario en Avogacía.
  • Adecuar a oferta de títulos á demanda social real.
  • Avanzar cara á especialización por Campus → Aproveitar o impulso do Campus da Auga.
  • Apoiar a creación e implementación dun programa de doutoramento multidisciplinar ligado ao Campus da Auga.
  • Facilitar a empregabilidade e o desenvolvemento de prácticas.
  • Avanzar na internacionalización do centro.