Facultade de Fisioterapia

Política e Obxectivos de Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE | OBXECTIVOS DE CALIDADE

Política de Calidade


A Política e Obxectivos de calidade da Facultade de Dereito foron aprobados orixinariamente o 5 de marzo de 2010 pola Comisión Permanente e revisados polo equipo decanal o día 27 de abril de 2011. O 6 de marzo de 2015, no marco do novo Manual de Calidade da Facultade de Dereito, a Xunta de Facultade do centro aprobou a política e obxectivos de calidade vixentes (Anexo 4 do Manual), tras a súa validación o 2 de marzo pola Comisión de Calidade.

Os eixes estratéxicos sobre os que pivota o deseño do SGIC da Facultade de Dereito e que constitúen as liñas mestras da política de calidade deste centro son os que seguen:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, as necesidades e expectativas da sociedade.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade da comunidade universitaria.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC do centro e as súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero.
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua.

Sobre esos eixes, a Facultade define dez obxectivos de calidade:

  • Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
  • Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requerido.
  • Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
  • Difundir a oferta formativa.
  • Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación.
  • Mellorar os resultados académicos das titulacións.
  • Xestionar de forma efectiva os programas formativos.
  • Mellorar a cualificación do PDI e do PAS.
  • Mellorar a satisfacción dos grupos de interés.
  • Certificación da implantación do sistema de calidade do centro.

Obxectivos de Calidade


Pulse na táboa para ver o documento completo