Benvidos á Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, un centro de educación superior onde preto de cincuenta profesionais e cincocentos estudantes dedícanse día a día á docencia, á investigación e ao estudo no ámbito xurídico

Persoal docente e investigador e de administración e servizos e alumnado altamente cualificado, traballo en grupos reducidos, atención personalizada, apoio de novas tecnoloxías, variada oferta académica, formación xurídica teórica e práctica, exhaustiva e de calidade en todas as ramas do Dereito, excelentes perspectivas profesionais para as persoas tituladas, compromiso coa igualdade de xénero como un dos seus valores centrais, investigación e transferencia de resultados baixo criterios óptimos de excelencia, ubicación nun cómodo campus urbano perfectamente integrado na cidade de Ourense e vocación de servizo á sociedade que xustifica a nosa existencia, son algún dos nosos acenos de identidade.

As titulacións xurídicas do Grao en Dereito –coas mencións en Dereito xudicial e Dereito da UE e desenvolvemento sostible-, o Programa conxunto ADE-Dereito e o Mestrado universitario en Avogacía impartido en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados de Ourense constitúen os piares centrais da nosa oferta formativa. Proporcionan ás persoas tituladas as competencias e habilidades necesarias para o acceso ao emprego público nas distintas Administracións, ao emprego privado en postos con formación xurídica altamente cualificados e ao exercicio de profesións xurídicas e para comportarse de xeito ético e con responsabilidade social como profesionais do Dereito.

Esta é a nosa e a vosa Facultade, en Ourense.

Veni , disce et vive.