Dispoñibilidade e adecuación dos recursos

Como medios materiais e servizos dispoñibles inclúense todas as infraestruturas e equipamentos do centro e que resultan indispensables e adecuados para o desenvolvemento dos ensinos impartidos na Facultade de Dereito.

Para ese efecto, priorizáronse os mecanismos tendentes a conseguir a plena eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a Facultade. Neste sentido, a Facultade de Dereito de Ourense conta con instalacións que cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa de aplicación. En concreto, existen zonas de aparcadoiro para persoas discapacitadas, rampas para facilitar o acceso ao edificio dende o exterior e rampas interiores que facilitan a mobilidade entre as distintas dependencias do centro. As distintas plantas de devandito edificio tamén están dotadas cos ascensores necesarios. Para rematar, existen servizos convenientemente preparados para o seu uso polas persoas que se atopan en situación de discapacidade.

Criterios para seleccionar os recursos materiais e os/as provedores/as
Formulario de solicitude para a dotación de recursos

 

Tipoloxía de espazos e dotación de infraestruturas (Facultade de Dereito de Ourense)

Espazo PC e proxector Capacidade (postos)
Aulas: 1.1, 1.2, 1.4, 1.5, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 2.5 Si 110, 96, 120, 120, 100, 102, 66, 120, 97
Aulas informatizadas: 1.3 Si 70 (34 computadores)
Aulas compartidas 1A, 1B, 1C Si 24, 24, 24
Aulas compartidas informatizadas 1D, 1E Si 24, 24 (24, 24 computadores)
Laboratorios de Informática: 0.2, 0.3 Non, Si 25, 25 (15, 15 computadores) – Aula Aranzadi
Seminarios: 0.1, 3.2, 4.2, 5.1, 5,2 Si, Si, Si, Si, Non 15-20, 15-20, 12, 30, 12
Sala de Videoconferencia Si 40
Zona de Libre Acceso Non 70 (38 computadores)
Aula de Estudo Non 140
Sala de Xuntas do Decanato Si 15
Aula Magna Si 204
Salón de Graos Si 107

 

Outras instalacións de interese

  • Biblioteca: A Biblioteca Central do campus de Ourense atópase nun edificio propio de 4.650 m2. Dispón de 500 postos de lectura, un depósito con 187.000 volumes en papel e unha hemeroteca con 12.300 contenedores. Os pisos superiores destínanse a salas e servizos multimedia aos que se accede a través da zona de lectura distribuída en distintas alturas. Está equipada con rede WIFI. O seu horario é de 8:30 a 21:00 de luns a venres, pero en época de exames ofrece un horario nocturno ata as 3:00h. Ademais da rede de instalacións bibliotecarias, e con obxecto de distribuír os seus servizos a toda a comunidade universitaria, a Biblioteca dispón dun moderno sistema de automatización, que inclúe un catálogo online (OPAC) para consultar os fondos existentes, así como a súa dispoñibilidade para o préstamo. De igual forma dispón da súa propia páxina web.
  • Delegación de alumnado: Situada na pranta baixa do edificio, é un espazo amplo, con equipamento informático, preparado para o desenvolmento das actividades propias da delegación.
  • Despachos de Persoal Docente e Investigador (PDI): a facultade dispón de 43 despachos para o PDI con vinculación permanente ou non permanente. Neles, o profesorado, ademais de realizar as tarefas de I+D, xestión ou atención do plan de acción tutorial que, segundo os casos, poida corresponderlle, debe estar a disposición do estudantado no seu horario de titorías.
  • Despachos de Persoal de Administración e Servizos (PAS): o PAS dispón de 5 despachos, nos que desempeñan as funcións inherentes ao seu posto de traballo e están durante a súa xornada laboral a disposición do alumnado e profesorado para atender calquera eventualidade.
  • Despachos de asociacións estudantís: como esixe a normativa de réxime interno do centro, as asociacións estudantís contan cos seus propios espazos para desenvolver as súas funcións. Na Facultade de Dereito contan con 2 despachos, completamente equipados, á súa disposición.
  • Secretaría de alumnado e Conserxería: a disposición do alumnado para xestionar e resolver calquera eventualidade académica e material.
  • Servizo de reprografía gratuíto: todo o estudantado da Facultade de Dereito –de calquera das súas titulacións– conta cun servizo de reprografía gratuíto na zona de libre acceso do primeiro andar. Cada mes, o estudantado dispón de 100 copias gratuítas.
  • Servizo de reprografía: o estudantado conta con catro fotocopiadoras de autoservizo –que funcionan mediante tarxeta prepago– que cubren as necesidades do centro.
  • Servizo de cafetería e comedor: o centro dispón de servizo de cafetería e comedor atendido por unha empresa externa.
  • Instalacións deportivas: o estudantado, PAS e PDI da Facultade de Dereito ten á súa disposición as instalacións deportivas do campus de Ourense.
  • Servizo de aparcadoiro: o centro conta cun amplo servizo de aparcadoiro, con prazas reservadas para o estudantado –ou no seu caso PAS ou PDI– con discapacidade. Ademais da zona aberta, conta cun aparcadoiro subterráneo, ao que se accede coa Tarxeta Universitaria.

 

Outros recursos para a docencia e a aprendizaxe

  • Conexión sen fíos: todas as aulas da Facultade foron convenientemente cableadas, para facilitar a utilización dos equipos informáticos propios por parte do estudantado, contando ademais con conexión sen fíos a Internet. Toda a comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola Universidade.
  • Préstamo de computadores: identificándose coa tarxeta universitaria, o estudantado pode adquirir un computador portátil durante todo un día, para realizar traballos ou investigacións. O centro ten á súa disposición 36 unidades.
  • Páxina web da Facultade de Dereito: ferramenta de traballo indispensable para poder manter informado ao estudantado, nela facilítase toda a información relativa aos estudos impartidos no centro.
  • Recursos docentes en rede: como apoio á docencia, a Universidade de Vigo puxo a disposición do profesorado e estudantado a plataforma FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación. Ademais, dende a páxina da biblioteca pódese acceder a diversas bases de datos que o estudantado pode consultar. Todos os recursos docentes en rede, son accesibles –para o estudantado– dende os seus domicilios, ben directamente por ser públicos, ben a través das súas chaves de identificación e acceso remoto.